A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza uns encontros de dinamización xuvenil, a través do programa Participa da Rede Galega de Dinamización Xuvenil para informar sobre as novidades do programa Iniciativa Xove 2012.

As xornadas levaránse a cabo ao longo do mes de xaneiro do 2012 en diversos concellos e universidades do territorio galego.

O día 24 de xaneiro do 2012 as 20:00 h, terá lugar un destes encontros no Espazo Xove Pontedeume, que están dirixidos a moz@s menores de 30 anos e teñen a finalidade de informar á mocidade, fomentar e promover actividades de aprendizaxe non formal que favorezan o desenvolvemento das capacidades e oportunidades e a participación cívica e política, o asociacionismo, o voluntariado, a creatividade e o espírito emprendedor.

Os formularios de inscrición están á vosa disposición no portal:

























 






 
 
 





Teléfono: 981 793 885 Fax: 981 793 804 Rebordelo 1, San Fiz - MONFERO ( A CORUÑA)
correo@monfero.es