O río Eume


O río Eume é o verdadeiro eixe do parque natural. As súas augas axudaron de forma definitiva a cincelar o canón e nas súas ribeiras medraron os bosques.

O berce do río son os cumios da Serra do Xistral, en Lugo, con máis de 1.000 m de altitude. Un sinuoso percorrido por entre solitarias montañas condúceo ata o próspero val industrial das Pontes de García Rodríguez e os encoros da Ribeira (cunha capacidade de 33 millóns de m3 de auga) e do Eume (123 millóns). Entón descólgase en caída libre sobre o profundo canón que tamén leva o seu nome, atravesa o val que el mesmo escavou para as fragas e termina entregándose ao mar, 80 km despois do seu nacemento, na ría de Pontedeume.

Á súa dereita, polas terras das Pontes de Carcía Rodríguez, corren os afluentes Maciñeira e Ponte da Pedra, de 11 km de longo. E á esquerda, os fillos predilectos do Eume: o Frei Bermuz (10 km) e o San Bartolomé (8 km).




 
 
 





Teléfono: 981.79.38.85 Fax: 981.79.38.04 Rebordelo 1, San Fiz - MONFERO ( A CORUÑA)
correo@monfero.dicoruna.es