A fauna das fragas

Miles de criaturas de case todas as formas e tamaños imaxinables inician a súa frenética actividade cotiá, consistente en atopar alimento, evitar converterse nel, e ter familia.

A inmensa maioría delas son diminutas, pero extraordinariamente numerosas. Os animais de maior tamaño son máis escasos. Aquí manteñen prósperas poboacións algunhas especies seriamente ameazadas a nivel global.

 
A marta é especialista na caza nocturna de esquios e paxaros.
Leirón

Nocturno e moi inquieto, así é o leirón. Móvese discretamente entre as pólas na procura de invertebrados dos que se alimentar, dieta que completa con amoras e outros froitos. Pero ten que ser discreto xa que son moitos os seus depredadores
Píntega rabilonga
 
Geomalacus maculosus

Esta rara lesma devora as frescas follas da vexetación máis húmida.
Gato montés

Escaso no resto de Galicia, aliméntase aquí de paxaros e roedores
     
Bufo real

É un dos superdepredadores das fragas. Aquí non ten inimigos. Pasa o día oculto no canón do Eume ou nalgún secreto recuncho do bosque. Á noitiña, sae cazar paxaros, aves, ou mamíferos de tamaño medio.
 
 
 
Falcón peregrino

O rei dos ceos das fragas é un poderosísimo cazador capaz de lanzarse en picado contra unha pomba ou calquera outra ave que voe sobre as árbores, pero nunca intentará seguilas no interior do bosque.
LontraXabaril
   
 
 
Carabus galicianus
Este fermoso escaravello vive unicamente no NO da península ibérica, e encontra nas Fragas do Eume unha das súas mellores poboacións.






 
 
 





Teléfono: 981.79.38.85 Fax: 981.79.38.04 Rebordelo 1, San Fiz - MONFERO ( A CORUÑA)
correo@monfero.dicoruna.es