En Galicia chamámoslles fragas ás zonas de bosque espeso, ao interior das calses a luz sempre chega velada polas árbores. Desta forma, no seu interior perdura a humidade, a frescura, a temperatura case constante e, sobre todo, a vida.
Cobra a vida na fraga miles de formas diferentes, cada unha delas peza imprescindible dun ecosistema tan fráxil como pertinaz e lonxevo. E así, desde sempre, atopamos estes lugares proclives á maxia e ao misterio, á meditación e ás lendas. E integrámolos na nosa cultura .
As Fragas do Eume son un lugar extraordinario. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos escasísimos bosques do seu tipo do continente. Albergan numerosas especies animais e vexetais ameazadas, algunhas relictas, así como os ecos dunha extraordinaria historia que toma singular brío na época medieval.
Benvidos ao Parque Natural Fragas do Eume.
Tríptico Fragas do Eume
Situación
Que é unha fraga?
Por que son únicas as fragas do eume?
O modelado do canón do Eume
O río Eume
A fauna das fragas
Miles de millóns de ramas
Un fabuloso tesouro de fieitos
Monasterio de Caaveiro
Monasterio de Monfero


Teléfonos e direccións de interese
Oficina do Parque Natural Fragas do Eume
Lugar de Esteiro, 23. 15600 Pontedeume (A Coruña)
Telf.: 981 495 580 Fax: 981 430 143
Servizo de Conservación dá Natureza Edificio
Administrativo Monelos
Praza Luís Seoane, s/n - 5" planta. 15008 A Coruña
Telf.: 981 184585 Fax: 981 184654
Incendios forestais (Xunta de Galicia) 085
Seprona 062
Urxencias 112