As fragas son as selvas galegas. Se a rentes do chan son os fieitos, brións e pequenas flores os protagonistas, a uns metros de altura sono as pólas, formando unha maraña na que se desenvolve unha vida especial, rodeada de follas de diferentes formas, flores ás veces case indistinguibles
e froitos de todo tipo.
 
Son tamén as pólas as que, ao estendérense buscando a luz, ofrecen acubillo e sombra no interior do bosque.

A árbore dominante nas Fragas do Eume é o carballo (Quercus robur)









Outras especies aparecen de forma máis illada, pero contribúen de maneira fundamental á diversidade natural do bosque, como os érbedos (Arbutus unedo), que dan os seus arroibados e delicados froitos comestibles.

O castiñeiro (Castanea sativa), especie orixinariamente diseminada nos bosques europeos e pouco numerosa na actualidade, beneficiouse do seu intenso cultivo durante o Imperio Romano.

Os ameneiros (Alnus glutinosa), freixos (Fraxinus excelsior e F. angustifolia) e salgueiros (Salix atrocinerea), forman un bosque dentro do bosque, ao crearen nas ribeiras un espazo especialmente sombreado, fresco e rico.
O olmo (Ulmus montana) prefire os solos frescos e profundos. O loureiro
(Laurus nobilis), o acivro (llex aquifolium) e a abeleira (Corylus avellana), ocupan a parte baixa do bosque, pois raramente alcanzan a mesma altura ca outras especies. Numerosos animais buscan con grado os morados froitos do acivro e as deliciosas abelás.

O bidueiro (Betula eeltiberica) coloniza as terras máis difíciles pola pobreza do seu solo ou pola pendente, enriquecéndoa e estendendo así o bosque

 






 
 
 





Teléfono: 981.79.38.85 Fax: 981.79.38.04 Rebordelo 1, San Fiz - MONFERO ( A CORUÑA)
correo@monfero.dicoruna.es