INVENTARIO DOS EFECTOS PERTENCENTES AO MOSTEIRO DE MONFERO TRAS A EXCLAUSTRACIÓN

Axiña sentiu Monfero os efectos devastadores da exclaustración: roubos da madeira dos pisos e tellados, saqueos no arquivo e biblioteca, aproveitamento de grandes cantidades de pedra, apropiación de imaxes e retablos, alfaias, vestiduras, etc. Nunha visita pastoral efectuada o día 2 de xuño do 1854, dispuxo o cardeal arcebispo de Santiago, impresionado por tanta ruína, que os retablos da igrexa se lles distribuísen a algunhas parroquias en calidade de reintegro, e que para evitar os roubos de madeira, pedra e outras cousas, se puxese un home de confianza, ao que se gratificaría por este concepto. Xa daquela do edificio do convento case que non quedaban máis que as paredes ao aire, sen acceso aos corredores altos.

O cura vicario, Frei Jerónimo Estévez, non fixera caso ningún das instrucións do prelado, polo que, anos adiante, foi separado moi merecidamente da cura de almas, sendo substituído polo señor Felpeto. Procedera este a facer inventario dos efectos pertencentes a Monfero, resultando que levaran os seguintes:

Capela de Santa Eulalia de Portolago, en Xestoso, propiedade de dona Carme Casdelo, viúva de don Romualdo Vila: unha imaxe de nosa Señora dándolle o peito ao seu Divino Fillo.

Capela de San Pedro de Canedo, propiedade dos veciños do Val de Xestoso: o altar colateral de san Bernardo, que fai de principal na capela, cos seus ornamentos e mesa, o seu patrón San Pedro e San Pablo, de vulto, e un escaparate para o seu patrón menor; dous retablos novos de madeira de nogueira, dedicados un á Virxe dos Remedios e outro a Santo Antón, e restos do coro.

Santa María de Doroña: o púlpito completo da Epístola, de madeira, con escaleira e tornavoz, e dúas tarimas do coro baixo.

San Pedro de Grandal: un anxo que serve de Neno Deus, de media vara de alto.

San Martín de Andrade: o retablo completo de san Bieito, agás esta imaxe; pero si incluída a da Virxe do Leite, e outro retablo completo máis pequeno procedente da Chirola.

San Salvador de Vilouzás: o retablo completo do Santísimo Cristo e Dores, coa súa tarima, agás as imaxes.

San Xurxo de Queixeiro: a imaxe de Santo Antón Abade.

Santiago de Pontedeume: a do Ecce Hommo.

O órgano distribuírase por varias parroquias, para recomposición e vendas.

O reloxo pasara á torre de San Domingos de Betanzos, cunha campá; a dos cuartos levárana para a igrexa de Santa Xiá e a maior para San Fiz.

Santa María de Xestoso: a cruz procesional de prata.

San Xurxo das Torres: o retablo completo de san Xosé, coa súa tarima; a custodia maior, que estaba na Chirola, coas súas gornicións; as imaxes de san Cristovo e santa Bárbara e mais os seus catro atrís; dous cíngulos, un de fío dourado, con peras deste material, e outro de seda azul, pertencentes aos vestidos de primeira e segunda clase da Virxe da Cela.


Santa Eulalia da Viña: tres lenzos do altar maior, representando á Santísima Trindade, Noso Señor Xesucristo abrazando a san Bernardo e Nosa Señora, con dúas mesas de cantería dos colaterais, catro pedras de ara, un escaparate do órgano e restos de altares e gornicións para colocalos; seis pedras de lousa das sepulturas, para tarima dos altares.

San Martín do Porto: a imaxe de san Bernardo, levada da capela do antigo priorado e que antes fora da igrexa de Santa María; tamén no priorado de Labrada estaban case abandonadas as imaxes da Virxe do Rosario, san Bernardo e san Bieito, que pertenceran á igrexa de Santa María, co servizo de culto e misa, que recollera o crego de San Pedro de Buriz.

Santa Xiá de Monfero: dous retablos pequenos da Chirola, completos, coas súas mesas; outro pequeno que estaba na sancristía, con seis cadros de escultura, custodia e restos de altares e gornicións, para formar o maior coas imaxes de san Xoaquín e santa Ana e un cadro do Agnus Dei sobre o libro, rodeado de anxos, colocado no centro; a imaxe da Nosa Señora da Mercé, dedicada á Virxe das Dores; un atril maior e dous menores para os libros de misa do altar; as dúas portas laterais da sancristía; a cruz procesional de metal cobreado, coa súa vara e gornicións; a caixa de prata do Viático, coa súa bolsa; cordón e mesa de corporais; un cáliz, patena e culler de prata dourada; tres albas de lenzo ordinario e un ornato completo de seda floreada.

San Fiz de Monfero: o fermoso retablo completo da Virxe da Cela, coa súa imaxe, vestidos de primeira e segunda clase, coroa, diadema e media lúa de prata, imaxes de san Bieito e san Bernardo, con báculo de prata, servizo da misa e altar, andas maiores e menores, mesas e dous candelabros de madeira, seis candeeiros, o triangular, dúas arañas e unha lámpada de cobre, entregado todo por Frei Jerónimo Estévez; un terno completo de damasco negro e tres albas; os seis candeeiros e mais a súa cruz de metal, que estaban no altar maior do convento, e sete menores con varón de ferro; retablo do Santísimo Cristo, cos seus catro anxos, imaxe maior do mesmo Crucifixo e menores de san Xoán Evanxelista e Magdalena ao pé da Cruz, e a de vulto de san Sebastián colocada no altar maior; a pedra de alabastro que estaba na sancristía nova; o balaústre ou enreixado de madeira, coas súas portas, do coro alto; as rodas co seu eixe, para as obras do mosteiro; a pía da auga bieita, de cantería; dous confesionarios maiores e dous atrís menores; a campá maior da torre do convento co seu badal, cepo e mais as ferraxes en uso; a urna do monumento, tenebrario, incensario e naveta de metal marelo; o palio, terno branco e negro completo, as súas frontes, catro albas, cáliz, dúas casulas, unha capa de coro, alfaias e gandos; catro bancos de respaldo maiores, do corpo da igrexa; a mesa abacial e catro bancos, que levaron á casa do concello; dous ciriais de folla de lata, con hastas de madeira pintadas, o hostiario ou ferros para facer hostias. Recollera Frei Jerónimo Estévez: a diadema, corazón e espada de prata da Virxe das Dores; o viril, peso cinco libras, e mais o copón, que pesaba tres, ambos os dous de prata dourada; o prato, viñateiras, campaíña e palmatoria de prata do servizo pontifical do santuario da Cela; varias roupas, ornamentos e cálices; e mesmo se apropiara da pedra do limiar da porta da igrexa para a cociña reitoral, das portas da igrexa que daban aos claustros para colocalas na casa, da pía da fonte da Cela para vertedoiro da cociña, e, coma se todo isto non abondara, aínda lles entregara a terceiras persoas unha mesa, tres bancos con respaldo, algúns roupeiros e caixóns de roupa, andeis de libros, parte do cadeirado e librería e reixas e varanda das tribunas.

Santa Cruz de Porzomillos: recibira do dito Estévez un terno completo de tisú branco floreado, con gornición dourada, e mais o viril pequeno que usaba o convento nas funcións de segunda clase.

Santiago de Franza: unha alba, amicto, cíngulo de liño fino e casula completa con pano de cáliz e mesa de corporais de tisú floreado de outro e prata e cáliz, patena e culler de prata dourada, de trinta onzas de peso, levado todo por Frei Hugo, conventual e escusador do citado Franza.

Don Silvestre López, presbítero de Cambás, levara da igrexa de Santa Xiá, por orde do vicario, o precioso cadro do Nacemento do Señor e a súa Adoración. Don Pedro Buceta, ecónomo de Taboada, levara un cáliz, patena e culleriña e encargou que se volvesen cando estes obxectos fosen reclamados. Don Tomás Couto, capelán de Canedo, parece ser que levara o cáliz e ornamento dun relixioso finado en Santa Xiá. Don Juan Fernández Pardo, capitán de nacionais, levara para a súa capela de Santo Antón de Carboeiro, en Irixoa, procedentes do oratorio do abade, un precioso ornamento de tisú floreado de outro e prata, co seu cáliz, alba e misal e demais anexos, mesmo manteis de altar, candeeiros e cruz, así como tamén maristela de prata do santuario da Cela.

Declárase ignorar o paradoiro doutros moitos efectos pertencentes á igrexa e culto do convento.

Máis adiante tratárase de restablecer a comunidade de Monfero, empresa na que puxera especial interese o cardeal Payá, contando coa axuda moral e material do veciño de Pontedeume don Rodrigo Pardo González, que profesaba especial devoción á Virxe da Cela, de quen solicitara protección con motivo dun naufraxio que sufrira na Marola.

O 27 de febreiro do ano 1882 chegara a Pontedeume, de camiño para Monfero, o P. Frei Manuel Antonio Díez, con cinco novizos. Estes saíran ao seguinte día para o seu destino e, o 7 de marzo, marchara aquel, acompañado do párroco de Pontedeume don Celestino Pazos e mais de don Rodrigo Pardo González. En Monfero saíralles ao encontro o coadxuntor e habitante do convento don Manuel Saborido García. O P. Díez recibiu do Sr. Pazos a posesión.

Veulles daquela afección aos rapaces de Pontedeume de se iren ao convento, ata o punto de que marcharan catro o citado 7 de marzo e despois outros tres. Para evitar que fosen máis puxéronse atrancos, ben por falla de persoal para o ensino, xa que o P. Díez non os daba atendido a todos, ben por carencia de sitios onde durmir coas separacións precisas

Vivira precariamente a incipiente comunidade e, segundo parece, non moi gustosa no medio daquelas ruínas, imposibles xa de restaurar e que non permitían ningunha comodidade. Dispuñan os relixiosos de recursos materiais abondos, e outorgáraselle a parroquia ao abade, que non se aviña co seu desempeño. Dérase por aquel tempo un terrible andazo de vexigas, que dera motivo á seguinte curiosa carta do P. Díez, ben reveladora do seu estado de ánimo un tanto apoucado, ao que, sen dúbida, tamén contribuía a desolación do mosteiro.

A ruína de Monfero ía moi avanzada, e o intento de restauración resultara inútil, quedando todo abandonado ao pouco tempo.




“Monfero, 16 de marzo de 1882"


Sr. Don Rodrigo Pardo

Muy Sr. mío y apreciable amigo:

El azote de la viruela ha sacudido un latigazo en esta zona, y son tantas las víctimas que hace que raro es el día que no se presentan dos féretros en esta desmantelada iglesia; la enfermedad no decrece, por el contrario, aumenta y recrudece, amenaza y el peligro está sobre nosotros; y si yo fuera prelado de esta casa y no tuviera el estorbo de la parroquia, que de nada me sirve y de mucho me perjudica, me haría fuerte con mis monjes y nadie penetraría en mis muros, pero aquí no se me envía otra cosa que los miasmas de un camposanto infestado; cien razones me asisten para quejarme y tocar con el grito en las nubes; yo no sé donde se encuentra la causa de la muerte; no la he tratado, no sé si en el aire que se respira o en el agua que se bebe o en el alimento que se toma; lo que sé que hay un diezmo en los invadidos. Catorce son los súbditos que tengo, y abrigo serios temores si seguimos en las condiciones de hoy; si el novicio sacristán ha de concurrir con el Viático o Unciones con el Sr. Saborido, desde luego nos han de regalar la epidemia y acaso el gaje de la muerte; este es el lenguaje de un monje que ya ha cerrado el libro de la experiencia y que ya ninguno le puede enseñar más; el mismo Saborido puede esparcirnos la muerte, sin ser causa de ello, acarreándola del lecho del paciente, envolviéndola entre sus ropas; yo mismo me he de revestir con sus ropas sagradas,y ¿por qué he de ser yo víctima de esa imprudencia, haciendo yo tanta falta en mi orden a mis hijos y a mis hijas, que soy la única esperanza de todo? Así he dispuesto desalojar este edificio enviando a los pequeños, a esa víctima más próximos acaso, y después enviar los mayores a Samos, para precaverles acaso de una muerte cierta.

Jamás me abandonó la prudencia, y en estos momentos me anima; he sabido ser prelado y también hombre de gobierno; sin embargo, por de pronto he prohibido entrar ningún cadáver en la iglesia, apoyado en las reales órdenes e instrucciones vigentes sobre la materia; muchos son los estorbos que se presentan a nuestra empresa; yo nunca sucumbiría si encontrase apoyo, si las cosas fueren verdad y si el monasterio e iglesia se hubiese entregado a los monjes; pero aquí son dos jurisdicciones opuestas, y por eso no puede haber uniformidad, y como la vida es lo más interesante para el hombre, porque sin ella no se adquiere el Cielo, estamos en el deber de conservarla; yo presentaba mi orden en apoyo y Monfero adelantaba a paso de gigante; pero el temor ha seguido y me ha alcanzado, y tocando a mi hombro, me ha dicho ‘hoy tienes catorce; cuéntalos y verás mañana los que te faltan’, y antes de que esto me suceda alejo a los pequeños con alto sentimiento mío y preparo los mayores para salvarlos y me quedo al frente para luchar con la muerte y el peligro. Mi camino está andado, y, por consiguiente, sorteo el peligro; yo seré abad y superior de este monasterio, pero no quiero parroquia; jamás he vivido de carne muerta como los grajos y ni tampoco me he mantenido con el ‘Dominos vobiscum’. Quiero tener monjes, quiero enseñar, quiero vivir como vive la Compañía de Jesús con esos medios libres e ilustradores. Así Monfero será lo que V. desea, así habrá monjes, beneficencia, colegio y cuanto puede apetecer; pero conforme estamos hoy y lo que puede ser mañana; los monjes son solitarios de Dios y sus monasterios las universidades del mundo. Toda la gente que tengo hoy es buena y suficiente para ir más allá de los esfuerzos de don Rodrigo, y son muchos, porque yo los que deseo son malos u hacerlos buenos en el claustro. Jesucristo cuando eligió a San Pablo no eligió a un tonto; eligió un hombre sutil. Apeles no domesticaba ovejas; domesticaba lobos; así, envíeme V. lo más malo que yo así lo tendré un colmo de bienes. Don Rodrigo, la viruela nos ha perdido, y si nos invade, no tenemos médico ni para el médico, ni botica ni para la botica; hay que morir como salvajes. Triste cosa a los sesenta y siete años ser un ciego que conduce a otros ciegos y que tropezando en un cadáver todos fuimos para el precipicio. En fin, Dios sobre todo y también sobre las torres de Monfero, debajo de las cuales habita el más atribulado de sus amigos.

El Abad”


(Información tirada de Historia de Pontedeume e a súa comarca, 1995; cap. IV: Monfero)

 
 
 





Teléfono: 981.79.38.85 Fax: 981.79.38.04 Rebordelo 1, San Félix - MONFERO ( A CORUÑA)
correo@monfero.dicoruna.es