Os Servizos Sociais de Atención Primaria supoñen a “porta de entrada” ó sistema, o nivel básico de actuación. Son aqueles que realizan unha acción social globalizadora dirixida ao conxunto da poboación. Teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de todos/as cidadáns/as.
PROGRAMAS:
- PROGRAMA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO:
Ten por obxecto informar aos/as cidadáns/as sobre os distintos
dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar as persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar situación e, se fora preciso, derivar aos servizos sociais de Atención Especializada.
- PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR:
O Servizo de Axuda no Fogar está dirixido a toda a poboación, pero
ten como prioridade aqueles/as cidadáns/as que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social. De igual xeito, vai dirixido ás persoas que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico, prestándolles unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico; e proporcionándolles a posibilidade de continuar no seu entorno natural, mentres isto sexa posible e conveniente.
- PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL:
Ten como obxectivo principal a prevención de situacións de
marxinación e as súas causas, do mesmo xeito que facilitar a participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.
Tanto a nivel preventivo coma de intervención directa en supostos concretos, desenvolverase mediante as seguintes actividades:
- Accións de promoción e participación social.
- Accións dirixidas a facilitar o acceso aos recursos.
- Xestión das prestacións económicas e sociais establecidas, realizando o seguemento e avaliación na súa aplicación.
- PROGRAMA DE CONVIVENCIA ALTERNATIVA:
Oferta dun aloxamento provisional a aquelas persoas en situación de
emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no propio fogar ou este non exista. As actuacións a levar a cabo serían:
- A detección e análise da necesidade.
- Xestión e seguemento dos casos e das circunstancias que o motivaron.
- Promoción de albergues, casas de acollida, e cantos outros equipamentos ou servizos sexan precisos para facelo efectivo.
|