SITUACIÓN  



        
O Concello de Monfero está situado no límite oriental da provincia da Coruña. Estrema polo leste cos concellos de Xermade e Guitiriz, pertencentes á provincia de Lugo; ao norte cos das Pontes de García Rodríguez e a Capela, dos que o separa o río Eume, así como de Cabanas e Pontedeume; polo estremo occidental linda con Vilarmaior, polo sur con Irixoa e polo sueste co termo municipal de Aranga, os sete da provincia da Coruña.


        

         As súas vías principais de comunicación son a estrada local AC-151, de Campolongo a Montesalgueiro, onde se une coa N-VI, a comarcal C-640, que discorre de Betanzos a Viveiro, e a AC-144, que vai da Ponte da Pedra a Pontedeume.




         A distancia que o separa de Santiago de Compostela é de 80 km, 45 km da Coruña e 35 km de Ferrol; así mesmo, queda a 17 km de Pontedeume, 18 km de Miño e 20 km de Betanzos




         Monfero está formado por sete parroquias que, se entramos por Pontedeume, son: Santa Mariña de Taboada, San Xurxo de Queixeiro, Santa María de Vilachá, San Fiz de Monfero (onde se sitúa Rebordelo, a capital do Concello), Santa Xiá de Monfero, San Pedro do Val de Xestoso e Santa María do Alto de Xestoso, esta última límite coa provincia de Lugo.







 

 
 
 





Teléfono: 981 793 885 Fax: 981 793 804 Rebordelo 1, San Fiz - MONFERO ( A CORUÑA)
correo@monfero.es