NOVAS DA UNIVERSIDADE SENIOR

 


 
UNIVERSIDADE DE EDUCACIÓN A DISTANCIA DE SENIOR XESTOSO: ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA UNED SENIOR ATA O 20 DE OUTUBRO

La Universidad de Educación a Distancia(UNED)de Senior de Xestoso abrió ayer el plazo de matrícula del programa formativo UNED Senior, dirigido a personas mayores de 52 años que, con independencia de su formación académica, estén interesadas en enriquecer sus conocimientos. El objetivo del programa es ofrecer una modalidad abierta a aquellas personas que no desean matricularse en una titulación universitaria, pero que buscan "una formación continua, mejorar su calidad de vida, ampliar sus conocimientos y fomentar las relaciones interpersonales", aseguró el propio centro educativo en una nota de prensa.

El programa UNED Senior se divide en dos semestres, en los que se impartirán un total de diez asignaturas. Se trata de un programa abierto y el alumno podrá matricularse en el número de materias en las que esté interesado.

En el primer semestre, que comenzará el mes de octubre, UNED Senior de Xestoso ofrece las asignaturas Herramientas para el manejo de texto, vídeo, audio e imagen; Psicología positiva y mejora personal; Introducción a la Historia del Arte; Conocimientos de Informática: procesador de textos, hoja de cálculo, base de datos y presentaciones de ordenador y música.

En el segundo semestre, que se desarrollará de febrero a junio.

El alumnado puede matricularse en el número de asignaturas que desee y el coste sería de 50 euros por materia. Las clases de las diferentes asignaturas tienen lugar enlas distintas aulas que tiene la Uned Senior en los distintos ayuntamienros: Cambás (Aranga) Guitiriz; Irixoa; Monfero; Paderne y Momán (Xermade)

El plazo de matrícula permanecerá abierto hasta el 20 de octubre y las personas que lo deseen pueden solicitar información en el centro de la UNED en A Coruña y en los distintos Ayuntamientos.

LA UNED SENIOR-tiene procramado un encuentro el día 3 de Agosto en PADERNE, PARA PREPARAR EL COMIENZO DE CURSO Y UNIR A TODOS LOS INTERESADOS EN ESTE PROGRAMA.



 




MATERIAS:


-Violencia de Género, Luís Ángel Rodríguez Patiño e Antonio Espiñeira.

-Historia da Literatura Galega, visitas por toda Galicia.


CONSELLO DE ANCIÁNS DE XESTOSO-CAMBÁS
D. Luis A. Rodríguez Patiño
Teléfono: 609 852 125
parroco.xestoso@hotmail.com

Web www.xestoso.es

CONCELLO DE ARANGA Praza mestre Mosquera 1
Teléfono 981 793 551
turismo.emprego@aranga.dicoruna.es

Web www.aranga.es

1. Presentación
A UNED vén de crear un Programa formativo específico pensando en todas aquelas persoas adultas, xubiladas ou non, que contan cun espírito inquedo e con ganas de seguir absorbendo novos conceptos e ideas de entre un abano moi extenso de posibilidades formativas. A UNED pretende responder ó desenvolvemento integral desta poboación, co fin de satisfacer o seu desexo de aprender. Dende esta perspectiva presentase a UNED-SENIOR, unha iniciativa de formación que se desenvolverá nos Centros Asociados da UNED en España e o estranxeiro.

2. Obxectivos
• Ofrecer unha modalidade de formación continua sobre os intereses, necesidades e preocupacións deste colectivo, co fin de mellorar a súa calidade de vida.
• Proporcionar coñecementos, aprendizaxes e estratexias para o desenvolvemento integral e a autonomía persoal por medio da aprendizaxe ó longo da vida.
• Favorecer a comunicación a través das relacións interpersoais e do encontro interxeracional co fin de posibilitar o enriquecemento persoal e a cidadanía activa.
• Proporcionar os elementos necesarios para un mellor coñecemento do entorno cultural.

3. ¿A quen vai dirixido?
A UNED-SENIOR diríxese ás persoas maiores de 55 anos, con independencia da formación académica que posúan, interesadas en enriquecer os seus coñecementos.
4. ¿Que lle pode aportar?
• Un espazo universitario propio.
• Un lugar de encontro para intercambiar coñecementos e experiencia.
• Un itinerario flexible, adaptado ás necesidades de cada estudante.
• Unha orientación personalizada.
• Formación próxima ó seu lugar de residencia.
• O acceso e a utilización das Tecnoloxías da Información e Comunicación.
• Proporcionar os elementos necesarios para un mellor coñecemento do entorno cultural.

4. Programa
A proposta formativa estructúrase en 4 Bloques Temáticos, cada bloque consta de diferentes materias; cada unha de tres créditos e carácter cuadrimestral.
Os participantes poderán cursar un máximo de 3 materias por cuadrimestre.
As materias que poderás cursar na Uned Senior dependente da UNED da Coruña durante o curso 09/10 son:
1.Historia de galicia, impartida por Felipe Senen os martes, con viaxes a toda Galicia.
2. Primeiros auxilios, impartidos polo doutor Marcelino Mosquera e outros especialistas.
3.-introdución á informática. Nas aulas de informática de cada concello.
4.-introdución ó inglés,


5. Metodoloxía
A metodoloxía céntrase nas características específicas da forma de aprender dos participantes, tendo en conta os seguientes aspectos:
• A UNED-SENIOR asume que as persoas non aprenden só a partir da ensinanza, senón tambén da experiencia.
• A metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe apoiarase sobre o tecido dinamizador que ofertan as potencialidades persoais, así como a experiencia persoal e laboral destes suxeitos.
• En cada materia identificaranse os centros de interese tendo en conta as motivacións e necesidades dos participantes.
• Fomentaranse as actividades culturais.

6. Profesorado
Luis Angel Rodríguez Patiño. Avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Diplomado en Criminoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en Ciencias Políticas pola UNED. Licenciado en Dereito Canónico pola Universidade Pontificia de Salamanca.
Marcelino Mosquera Pena. Médico. Especialista en Xeriatría e en Medicina Familiar e Comunitaria. Desenvolve labor pública no Hospital Arquitecto Marcide (SERGAS) e privada (consulta). Doutor en medicina.
Rogelio Fernández Díaz. Subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia.
Felipe Senén López Gómez. Profesor de Historia de Galicia

(Carballiño 1948).
Fai seus primeiros estudos no Carballiño e no Instituto de Ourense, onde se vincula como colaborador do Museo Arqueolóxico, dirixido entón por Ferro Couselo , sumándose igualmente ás actividades da agrupación cultural “Auriense”. Estuda Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, a un tempo que fai prácticas de museoloxía e arqueoloxía co historiador Manuel Chamoso Lamas na creación, instalación e posta en funcionamento do Museo das Peregrinacións, e do Museo do Ribeiro; participando igualmente como supervisor de campo nas prospeccións arqueolóxicas do Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo) e na ermidade San Guillermo de Fisterra. En 1975 pasa a reorganizar aspectos no Museo Arqueolóxico da Coruña, ubicado no Castelo de San Antón, sendo nomeado director-conservador. Coa ansia de abrir a institución do museo ó gran público e ás cuestións socioculturais da cidade e de Galicia, crea o colectivo de colaboradores e Amigos do Museo Arqueolóxico, que será base para a formación do colectivo Amigos dos Museos de Galicia.

7. Calendario
O Curso distribúese en dous cuadrimestres. En cada cuadrimestre impartiranse unhas materias en concreto. O inicio das materias do primeiro cuadrimestre terá lugar en outubro


TAXAS
O custo total do curso depende do número de materias nas que os participantes se matriculen. O custo de cada materia é de 50€.
REDUCIÓN DE TAXAS
Os membros do Consello de Anciáns de Xestoso-Cambás gozarán dunha matrícula bonificada de 20 €.
FORMA DE PAGO
A forma de pago farase a través do Coordinador do Consello de Anciáns de Xestoso-Cambás, quen ingresará o importe das matrículas na conta de Caixa Galicia: 2091 0054 88 3040009612.
PRAZO DE MATRÍCULA
O prazo permanecerá aberto durante o mes de setembro.

DOCUMENTACIÓN
Para formalizar a súa matrícula, deberá achegar a seguinte documentación no Centro UNED no que se inscribe:
• Solicitude de admisión.
• Fotocopia DNI.
• Tres fotografías tamaño carné.
• Datos de domiciliación bancaria.






 

 
 
 





Teléfono: 981 793 885 Fax: 981 793 804 Rebordelo 1, San Fiz - MONFERO ( A CORUÑA)
correo@monfero.es